

Contexto
Choverá? é un proxecto grupal desenvolvido durante o bootcamp Hack A Boss. O obxectivo era crear unha aplicación lixeira e clara que respondese a unha pregunta simple pero común: vai chover na miña localización nas próximas horas?
Problema
- A maioría das apps do tempo ofrecen exceso de datos e unha experiencia saturada.
- Necesitábase unha ferramenta directa, visual e enfocada na probabilidade de chuvia.
Proceso
Funcionalidades principais
- Xeolocalización: Detección automática da localización do usuario.
- Prognóstico en tempo real: Probabilidade de chuvia e condicións climáticas actuais + predición para 8 horas.
- Deseño adaptable: Interface responsive para móbil, tablet e escritorio.
- Estilo dinámico: A interface cambia visualmente segundo as condicións do clima.

Rol no equipo
- Integración e validación de módulos (xeolocalización, API, estilos dinámicos).
- Optimización de media queries para o deseño responsive.
- Coordinación para que os distintos compoñentes interactuaran correctamente.
Reflexión
- Gran experiencia de colaboración grupal e división de tarefas.
- Funcionou moi ben a sinxeleza e claridade da proposta.
- Futuro: Engadir alertas personalizadas, favoritos por cidade e prognósticos estendidos.