

Contexto
O Observatorio ecoED busca investigar, desenvolver e promover pedagoxías e prácticas ambientais, ecolóxicas e rexenerativas centradas na natureza e nas comunidades, a través da innovación e a intencionalidade.

Proceso
- O isotipo combina tres elementos: un brote de planta, un caracol (símbolo da proporción áurea e do avance pausado pero constante en educación e investigación) e un lapis, que reforza o vínculo co educativo.
- Estes elementos intégranse para formar as letras ED.
- Seleccionouse unha paleta de cores con verde como principal e violeta escuro de apoio para contraste e lexibilidade.

Solución final
- Logotipo que integra simbolismo ecolóxico e educativo nun deseño simple e memorable.
- Identidade adaptable a distintos formatos (dixital, impreso, institucional).
- Manual de marca con pautas de uso en cor, tipografía e aplicacións visuais.

Reflexión
- Foi clave equilibrar o simbolismo natural co educativo nun só deseño.
- A combinación de elementos (planta, caracol, lapis) permitiu sintetizar a misión de ecoED.
- Desafío: manter simplicidade e lexibilidade en tamaños reducidos.
Mira máis sobre este proxecto en Behance: Logo para Observatorio ecoED